Aviso Legal de Xesta Telecom

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI), informámoslle de que:

XESTA TELECOM (en diante, XESTA TELECOM, SL) é unha sociedade limitada. O seu NIF é B44736098 e ten o seu domicilio en Avda. Galicia 13, Cambados, Pontevedra. Consta inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra T 4436, L 4436, F 52, S 8, H PO 71195.

Datos de contacto:

Condicións xerais de uso do sitio web de XESTA TELECOM, SL

O nome de dominio xestatelecom.gal é titularidade de XESTA TELECOM, SL, e o seu uso exclusivo está reservado a esta.

O portal oficial de xestatelecom.gal ten por obxecto facilitar ao público en xeral o coñecemento das actividades que realizamos, así como dos produtos e servizos que prestamos en materia de telecomunicacións por cable.

O uso deste sitio web implica a aceptación expresa e plena das condicións aquí expostas, sen prexuízo daquelas particulares que puidesen aplicarse a algúns dos produtos ou servizos concretos ofrecidos a través do sitio web.

XESTA TELECOM, SL resérvase o dereito a efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na súa web ou na configuración e presentación desta.

Co obxectivo de manter actualizada a información publicada no portal, os contidos do mesmo poderán ser modificados, corrixidos, eliminados ou engadidos en calquera momento, polo que será conveniente comprobar a vixencia ou exactitude dos mesmos acudindo ás fontes oficiais.

.

Propiedade intelectual, industrial e frames

Todos os elementos que forman o sitio web, así como a súa estrutura, deseño, código fonte, así como os logotipos, marcas e demais signos distintivos que aparecen na mesma, son titularidade de XESTA TELECOM, SL ou dos seus colaboradores, e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

Igualmente están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial as imaxes e outros elementos gráficos contidos nos portais.

Prohibimos expresamente a realización de “framings” ou a utilización por parte de terceiros de calquera outro mecanismo que altere o deseño, configuración orixinal ou contidos dos nosos portais.

O uso dos contidos deberá respectar o seu licenciamento particular. Deste xeito, o seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga, queda totalmente prohibida salvo autorización previa e expresa de XESTA TELECOM, SL.

Respecto ás citas de noticias, produtos e servizos de terceiros que poidan aparecer na web, XESTA TELECOM, SL recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual, non implicando a súa mera mención ou aparición na web a existencia de dereitos nin de responsabilidade algunha sobre os mesmos, así como tampouco respaldo, patrocinio ou recomendación.

Así mesmo, declaramos o noso respecto polos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros; por iso, se considera que os nosos portais puidesen estar a violar os seus dereitos, rogámoslle que se poña en contacto con nós.

Responsabilidade

Non garantimos a inexistencia de erros no acceso á web, no seu contido, nin que este se atope actualizado, aínda que XESTA TELECOM, SL desenvolverá os seus mellores esforzos para, no seu caso, evitalos, emendalos ou actualizalos.

Tanto o acceso aos portais de XESTA TELECOM, SL como o uso que poida facerse da información contida nos mesmos é da exclusiva responsabilidade de quen o realiza.

Non nos facemos responsables dos posibles erros de seguridade que se poidan producir nin dos posibles danos que poidan causarse ao sistema informático do usuario (hardware e software), os ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia da presenza de virus no ordenador do usuario empregado para a conexión aos servizos e contidos da web, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.

Así mesmo, non nos responsabilizamos da información e contidos almacenados, a título enunciativo, pero non limitativo, en foros, chats, blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na nosa páxina web.

Non obstante, e en cumprimento do disposto na LSSI, poñemos á disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade, e colaboramos de forma activa, na retirada ou, no seu caso, bloqueo de todos aqueles contidos que puidesen afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, dereitos de terceiros, ou a moral e a orde pública. No caso de que o usuario considere que existe no sitio web algún contido que poida ser susceptible desta clasificación, rogámoslle que se poña en contacto connosco.

Ligazóns ou hiperenlaces

A web pode conter ligazóns a contidos que dirixan a contidos de terceiros. O obxectivo destas ligazóns será unicamente facilitar a busca dos recursos que lle poidan interesar a través de Internet. Non obstante, estas páxinas non pertencen a XESTA TELECOM, SL, nin tampouco facemos unha revisión dos seus contidos, e non somos, por tanto, responsables do contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer neses sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación algunha entre nós e as persoas ou entidades titulares de tales contidos, ou titulares dos sitios onde se atopen.

Desde XESTA TELECOM, SL tampouco podemos facernos responsables do funcionamento da páxina enlazada ou dos posibles danos que poidan derivarse do acceso ou uso desta.

As ligazóns á web de XESTA TELECOM, SL deberán respectar as seguintes condicións:

  1. O establecemento da ligazón non suporá per se ningún tipo de acordo, contrato, patrocinio nin recomendación por parte de XESTA TELECOM, SL, da páxina que realiza a ligazón.
  2. A páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá informacións con contidos que sexan ilícitos, discriminatorios, contrarios aos principios éticos comunmente aceptados ou atenten contra a orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros.
  3. XESTA TELECOM, SL poderá solicitar a retirada dunha ligazón á súa web, sen necesidade de alegar causa algunha. Neste caso, a páxina que realizase a ligazón deberá proceder á súa inmediata supresión, tan pronto como reciba a notificación.
  4. Non nos responsabilizamos nin garantimos, de ningún xeito, a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento do hiperenlace poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web do hiperenlace.

Protección de datos persoais

Desde XESTA TELECOM, SL estamos profundamente comprometidos co cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal, e garantimos o cumprimento íntegro das obrigas dispostas, así como a implementación das medidas de seguridade apropiadas, co obxectivo de garantir un nivel de seguridade axeitado ao risco.

Por este motivo, poñemos á disposición das persoas usuarias a nosa Política de Privacidade, ofrecéndolles neste texto a información ampliada dos tratamentos de datos que realizamos.

Lei aplicable e xurisdición

A lei aplicable no caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente portal, será a lei española.

Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita ao portal ou do uso dos servizos que nel se poidan ofertar, XESTA TELECOM, SL e o usuario acordan someterse aos Xuíces e Tribunais do domicilio de XESTA TELECOM, SL.

Tarifa Fixo

Se tes algunha dúbida podes solicitar máis información cubrindo o seguinte formulario e enseguida nos poñeremos en contacto contigo.

Tarifa TV

Se tes algunha dúbida podes solicitar máis información cubrindo o seguinte formulario e enseguida nos poñeremos en contacto contigo.

Tarifa As

Se tes algunha dúbida podes solicitar máis información cubrindo o seguinte formulario e enseguida nos poñeremos en contacto contigo.

Tarifa Tres

Se tes algunha dúbida podes solicitar máis información cubrindo o seguinte formulario e enseguida nos poñeremos en contacto contigo.

Tarifa Rey

Se tes algunha dúbida podes solicitar máis información cubrindo o seguinte formulario e enseguida nos poñeremos en contacto contigo.

Tarifa Cabalo

Se tes algunha dúbida podes solicitar máis información cubrindo o seguinte formulario e enseguida nos poñeremos en contacto contigo.

Tarifa Sota

Se tes algunha dúbida podes solicitar máis información cubrindo o seguinte formulario e enseguida nos poñeremos en contacto contigo.